+034 986 09 02 04 Venres 17 de Novembro de 2017

MONDARIZ PON EN MARCHA CLASES DE TENIS PARA TODAS AS IDADES


A adestradora nacional de tenis, Julia Carballal, será a responsable da actividade

A partir do mes de outubro, veciños e veciñas de Mondariz poderán aprender a xogar ao tenis, ou mellorar os coñecementos que teñen deste deporte, coas clases que esta mañá foron presentadas no Concello de Mondariz e que serán impartidas pola adestradora nacional Julia Carballal.

As clases se desenvolverán os xoves pola tarde, en horario de 16:30 horas a 22: horas no Pavillón Municipal dos Deportes, co que se garante a súa impartición independentemente das condicións meteorolóxicas.

A actividade, está aberta á participación de toda a veciñanza, independentemente da súa idade, xa que as clases impartiránse en distintos niveis. Así, os máis pequenos (con idades comprendidas entre os 4 e 6 anos) darán os seus primeiros pasos con «minitenis»; os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e 8 anos, terán clases de «minitnis» ou iniciación ao tenis.

A partir de aí, impartiránse clases de iniciación e de perfeccionamento –dependendo do nivel de cada quen– para os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e 13 anos; 14 e 18 anos e, finalmente adultos a partir dos 18 anos.

Julia Carballal, salientaba na presentación da iniciativa, que o tenis é un dos deportes máis beneficiosos para a saúde “tanto a nivel cardiovascular, coma metabólico, respiratorio e osteomuscular e isto aplícase a nenos e adultos”.

Para que os máis cativos –de 4 a 6 anos– tomen un primeiro contacto co tenis e con estas clases, sinalaba Julia Carballal, “ofrecémoslles unha primeira clase gratuíta e ademáis prestámoslles a raqueta”.

As clases teñen un prezo máis que axustado, xa que unha hora semanal tan só custará 20 euros/mes, prezo que increméntase ata os 37 euros mensuais no caso que se elixa a modalidade de 1 h 30 m semanais. Ademáis haberá descontos familiares de ata o 10%.

As persoas interesadas en obter máis información sobre este curso, ou mesmo inscribirse, poden facelo no teléfono 646 583 544 ou no enderezo de correo electrónico tenismondariz@outlook.es

O concelleiro Jesús Vázquez Estévez, salientaba que con estas clases, o Goberno local “segue incrementando as disciplinas deportivas nas que poden participar os veciños e veciñas de Mondariz” e agradecía que unha adestradora “de recoñecido prestixio, como Julia Carballal, estea disposta a desenvolver esta actividade no noso municipio”.

 Julia Carballal Fernández

Julia Carballal, monitora e adestradora nacional de tenis e árbitro nacional, leva máis de 15 anos desenvolvendo o seu traballo de adestradora con grupos de nenos e adultos de todas as idades e todos os niveis.

Durante máis de 10 anos traballaou para a Federación Galega de Tenis no Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, adestrando aos mellores xogadores e xogadoras de Galicia. Nos anos 2013 e 2014, a Federación Española de Tenis nomeouna capitá do Equipo Feminino Sub-12 para o Campionato de Europa.

Foi, ademáis, directora do Club de Tenis de Nigrán e tamén exerceu o seu labor profesional nas Escolas de Tenis de Samil.

Deja un comentario