+034 986 09 02 04 Venres 24 de Novembro de 2017

MONDARIZ ABRE, O DOMINGO, O CICLO DE MONÓLOGOS ‘MONDARIZ H20 CON HUMOR’


Miguel Lago abrirá este ciclo que pechará, no mes de novembro, Oswaldo Digon.As entradas, terán un prezo de 10 euros na venda anticipada e poden mercarse en Berminelli, Cafetería Gonixul e Ticketea.com

O humorista vigués Miguel Lago, será o encargado de abrir, o vindeiro domingo 17 de setembro, ás 20 horas e no Auditorio Municipal de Mondariz, o ciclo ‘Mondariz con H20 de humor’ que, ata o mes de decembro achegará á vila os monólogos de Carlos Blanco, Quico Cadaval e Oswaldo Digon.

A iniciativa, organizada por ‘Moita Merda Producións’ e que conta coa colaboración do Concello de Mondariz, permitirá que veciños e veciñas poidan gozar da actuación de catro dos máis destacados monologuistas a nivel nacional, galegos todos eles, e que nos seus monólogos amosan como ninguén o humor e a retranca propia deste país.

As entradas terán un prezo de 10 euros en venta anticipada e poden mercarse en  Berminelli, Cafetería Gonixul e Ticketea.com. Tamén poden mercarse o mesmo día das actuacións na billeteira a un prezo de 13 euros. O espectáculo é recomendado para maiores de 13 anos e as butacas non estarán numeradas.

Miguel Lago

Vigués de nacemento, Miguel lago comezou no ano 2000 no ‘Club de la Comedia’, no que segue aparecendo, cando contaba con tan só 18 anos. No ano 2012 foi nomeado como ‘Cómico do Ano’ para os seguidores da Paramount Comedy.

Compaxina a súa faceta de monologuista coa de actor de series (Las chicas del Cable de Netflix), como presentador de galas na TVG e colaborador de distintos espazos de radio.

 

Deja un comentario