+034 986 09 02 04 Venres 17 de Novembro de 2017

ACONDICIONAMENTO SENDEIRO RIO DEVA – PRAIA DE SAN XOAN EN ARBO


A Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, esta a desenvolver as obras do Acondicionamento do Sendeiro Rio Deva a Praia Fluvial de San Xoan

O Concello de Arbo, quere continuar pondo en valor o entorno do Rio Deva a través de acondicionamentos de sendeiros, mobiliario na Praia Fluvial e a divulgación de rutas a través de paneis informativos. Deste xeito, o Concello de Arbo, solicitou a Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, colaboración para o acondicionamento do Sendeiro dende o Rio Deva a Praia de San Xoan de Arbo. Neste marco a citada conselleira, comezou as obras de previstas que consisten na roza manual do trazado, a mellora do camiño, a instalación de pasarela de madeira e escaleiras, construción dun muro de cachotaría para estabilizar o camiño e  instalación dun panel interpretativo coa información relativa ao sendeiro.

Según manifesta o alcalde, Horacio Gil,  pretende continuar  co Sendeiro que une a Praia fluivial do Rio Miño, que vai ata o Rio Deva a Altura do Rio Deva,  e unha zona de extraordinaria beleza na que se mesturan de xeito case que único o patrimonio cultural, histórico e natural. Todas estas actuacións pódense encadrar dentro  do Plan de mellora que se ten previsto para conseguir que Arbo, “siga a ser un referente turístico nacional”, leva aparellado tamen os traballos de rehabilitación da ponte románica de San xoan, obra que realizara a Conselleira de Cultura logo do convenio asinado en Abril de 2017 e as que se unirán as obras realizadas ata o momento, polo Concello para recuperación, mellora e posta en valor do seu patrimonio cultural, histórico e natural, como foron os traballos de rehabilitación de varias pesqueiras, mellora e ampliación do Sendeiro dos Pescadores, colocación de paneis informativos, arreglo das praias fluviais de Sela e da Estación de Arbo,  miradores sobre o rio Miño, ruta das pesqueiras, humanización as rúa Antonia Tovar coa colocación de xardín e bancos no lavadoiro de Turbela, amais de conseguir a declaración da Festa da Lamprea como Festa de Interese Turístico Nacional.

Deja un comentario