+034 986 09 02 04 Venres 24 de Novembro de 2017

TENORIO CELEBRA O SÁBADO A FESTA DO PAN DE MILLO E OVO CO PREGÓN DE XURXO SOUTO E ONCE ACTUACIÓNS MUSICAIS


 Tamén haberá animación, actividades infantís, xogos populares, feira de artesanía e menús degustación desde o mediodía

 Actuarán Os Papaventos, Os Abrentes, Os Afoutes, Nocturnos, Airiños de San Xulián, a banda infantil, Laroá, Oval, Seitura, Taghaitai e Adarve

A parroquia de Tenorio vai celebrar este sábado, 23 de setembro, a III Festa do Pan de Millo e Ovo de Cotobade, que contará co pregón de Xurxo Souto, ex líder da banda Os Diplomáticos de Monte Alto, e con once actuacións musicais, así como unha chea de actividades para todos os públicos. A cita gastronómica foi presentada esta mañá en Carballedo polo presidente municipal, Jorge Cubela, e representantes da comisión organizadora, integrada por membros da Asociación Cultural Foula.

A  festa  arrancará  a  mediodía  con  animación  a  cargo  de  Os  Papaventos  e  unha  Feira  de Artesanía, que darán paso á lectura do pregón por parte de Xurxo Souto e á sesión vermú, amenizada  por Os Abrentes de Cerdedo e Os Afoutes do Canón de Pau. Posteriormente, e durante toda a xornada, serviranse menús degustación co protagonismo centrado nos ovos e no pan de millo.

A sobremesa contará con animación da man de Nocturnos de Valde e xogos populares e inchables, coa presenza de monitores no espazo infantil. Ao serán, chegará o turno para Airiños de San Xulián, a banda infantil da Unión Musical de Tenorio e os grupos folclóricos Seitura e Laroá.  Para  pechar  a  xornada  pola  noite,  actuarán  no  palco  grande  as  formacións  Oval, Taghaitai e Adarve.

Cubela  amosou  o  respaldo  do  Concello,  que  colabora  con  este  certame  gastronómico,  e agradeceu “o enorme traballo” dos organizadores para sacar adiante unha festa culinaria de produtos tradicionais “e programar de xeito paralelo un potente programa musical e moitas e variadas actividades para todos os públicos”. Tras destacar que o bofacer dos organizadores “permitíu consolidar a festa en só tres anos”, amosouse convencido de que seguirá medrando “grazas a que todo está moi ben organizado, como se demostrou nas dúas primeiras edicións, e ao tirón de produtos tan típicos e saborosos como o ovo e o pan de millo”. Finalmente, destacou o potencial gastronómico do municipio con outras festas de exaltación adicadas ao petote, o requeixo, o becerro ecolóxico ao espeto, a filloa ou o caracol, entre outros.

Deja un comentario