+034 986 09 02 04 Venres 17 de Novembro de 2017

O CONCELLO DE BUEU SÚMASE Á CAMPAÑA POLO DÍA DA ARTRITE


Os actos incluirán a iluminación da casa consistorial en cor verde este sábado, e a colocación dunha mesa informativa o día 9 na Sala Domínguez Búa

O Concello de Bueu súmase aos actos para celebrar o Día da Artrite, que se conmemora o 1 de outubro. Por segundo ano consecutivo, a campaña parte da Asociación de Enfermos de Artrite en Pontevedra (Asearpo) en colaboración coa concellaría de sanidade, dirixida por Mª Teresa López. Os actos comezan coa iluminación da casa consistorial en verde este sábado diante da Casa Consistorial ás 21.30 horas. O día 9 dese mesmo mes, representantes da asociación colocarán unha mesa informativa na Sala Domínguez Búa.

Deja un comentario