+034 986 09 02 04 Venres 17 de Novembro de 2017

A MEMORIA E A ANIMACIÓN Á LECTURA ENCHEN AS TARDES DE VENRES EN PONTE CALDELAS


Comeza o curso, patrocinado pola Deputación, a cargo da agrupación cultural “Aires del Norte y Olé”

O dinamismo das agrupacións femininas do municipio de Ponte Caldelas continúa a quedar patente co comezo do obradoiro de Memoria e Animación á lectura que ofrece  a agrupación “Aires del Norte y Olé” no marco do programa “Conectadas”, co que a Deputación Provincial promove a igualdade, a corresponsabilidade e a conciliación persoal, laboral e familiar.

O obradoiro, no que están a participar 20 persoas comezou onte coa presenza  do alcalde, Andrés Díaz, quen asistiu en representación do Goberno local tripartito (PSdeG-PSOE, AVP e BNG). No acto felicitou a asociación, que preside Dolores Padín, por ter acadado,  outro ano máis,  as subvencións precisas para a súa celebración.

Vaise desenvolver todos  os venres durante os meses de outubro a novembro e abranguerá tres módulos formativos en materia de Saúde e Alimentación, Natureza e Medio Ambiente  e, finalmente, Música.

Os obxectivos transversais son traballar as  facultades memorísticas, utilizando para elo todo tipo de xogos e técnicas didácticas, sempre cun enfoque moi divertido. A animación á lectura realízase a través de relatos nos que se invita á participación e ao debate.

Deja un comentario