+034 986 09 02 04 Xoves 18 de Xaneiro de 2018

JORGE CANDA TOMA POSESIÓN COMO PRIMEIRO DEPUTADO DA CORPORACION PROVINCIAL PROCEDENTE DO CONCELLO DA LAMA


O alcalde de A Lama, Jorge Canda, ven de xurar o seu cargo,  como primeiro deputado da Corporación Provincial (Deputación de Pontevedra) procedente do concello da Lama. Canda accedeu a ocupa-lo seu escano no inicio da sesión plenaria que presidiu Carmela Silva e na que se gardou un minuto de silencio polas vítimas e afectados polo terrorismo incendiario vivido en Galicia, e na provincia, os pasados días. Jorge Canda asumiu o cargo “con toda a humildade, pero coa responsabilidade de afrontar o traballo e o compromiso que este novo reto contempla e que nunca fora desempeñado antes por ningún veciño ou veciña da Lama o cal teño que agradecer a tódolos que me apoiaron sempre. Nestes momentos só teño palabras de agradecemento para a miña familia, os meus compañeiros e, sobre todo, para os meus veciños e veciñas que sempre me deron a súa confianza e á que nunca defraudei e ante os que reitero o meu compromiso e aos que nunca lles fallarei”, asegurou Canda no Pazo Provincial de Pontevedra.

Deja un comentario