+034 986 09 02 04 Venres 24 de Novembro de 2017

O CONCELLO REMATA A PODA, LIMPEZA E ACONDICIONAMENTO INTEGRAL DA ÁREA RECREATIVA DA SOLDADA


A brigada municipal de Obras realizou un corte global dos plátanos deste espazo para que lozan nas mellores condicións desde primavera

O Concello de Cerdedo-Cotobade vén de rematar os traballos de poda, limpeza e acondicionamento integral da área recreativa da Soldada, unha das máis emblemáticas e utilizadas do municipio e que se atopa xusto na entrada ao termo municipal pola estrada PO-233 procedente de Pontevedra.

Estas tarefas foron desenvolvidas pola brigada municipal de Obras e consistiron no corte global das pólas dos plátanos que conforman unha das masas boscosas deste espazo, que tamén conta cunha zona de carballos na contorna da fonte e o miradoiro. O obxectivo deste traballos pasan por coidar e preservar estas árbores nas mellores condicións e que lozan en plenitude desde os meses de primavera, que será cando volvan a recuperar o seu aspecto habitual.

Esta iniciativa enmárcase no plan de conservación e mellora dos espazos exteriores de lecer, impulsado polo goberno local e que leva desenvolvéndose durante as derradeiras semanas e que se centrou tamén en accións de conservación dos valados destas áreas recreativas para que resistan a adversa climatoloxía do inverno.

Deja un comentario