+034 986 09 02 04 Martes 11 de Decembro de 2018

AS ADECUACIÓNS DOS PARQUES INFANTILES COMENZAN NA PARROQUIA DE ARMENTEIRA


O alcalde José Luis Pérez acompañado dos concelleiros Ofelia Barral e Jairo Paz revisaron o parque infantil da parroquia de Armenteira, o cal foi reparado estes días das avarías e desgaste polo paso do tempo

Desde o concello levan varios meses organizando o traballo da adecuación dos parques infantís do municipio que estaba proxectado comezasen no ano 2018, pero por mor dun aviso por parte de veciñas e veciños de Armenteira comentado as deficiencias e danos que tiña o parque situado nesta localidade “utilizado por máis de 50 nenos e ao ser un parque situado á beira do colexio urxía a súa reparación canto antes”

José Luis Pérez e varios concelleiros achegáronse a comprobar e verificar os danos do parque e o alcalde vendo o estado en que se atopaba tiña que tomar unha decisión ou ben precintar a instalación ou reparala urxentemente, por suposto José Luis Pérez optou pola segunda opción e non privar do parque infantil aos nenos, facendo este traballo nun tempo record desde o aviso ata a súa reparación non pasaron máis de 72 horas.

Agora o parque loce un novo colorido e máis seguridade nos elementos, o alcalde comprometeuse a seguir mellorando o parque xa que hai elementos rotos que non se poden reparar e hai que cambialos directamente, tamén en breve arrombarase os sebes do peche para que luza aínda mellor.

José Luis Pérez quere agradecer enormemente a todos os veciños e veciñas que coas súas chamadas alértannos de danos e reparacións que sen a súa axuda non coñeceriamos e desde o concello téntase dentro das nosas posibilidades rapalo canto antes e tamén aproveita para agradecer a paciencia de todos e todas ante estes problemas.

Deja un comentario