+034 986 09 02 04 Venres 17 de Novembro de 2017

MELLORA DAS INFRAESTRUCTURAS E DO EQUIPAMENTO DO PUNTO DE ATENCIÓN A INFANCIA DE ARBO


A Consellería de Política Social, acaba de conceder unha achega o Concello de Arbo por importe de 26.157.11 €

Continuando coa serie de melloras e servizos en infraestruturas que o Concello de Arbo está realizando a favor dos mesmos, solicitou unha subvención para melloras no Punto de Atención a Infancia sito en Cruceiro – Barcela, o que a Consellería de Política Social concedeu un total de 26.157,11 €.-

As obras a acometer son obra de adecuación e mellora do centro, donde  se colocara dous inodoros no baño infantil ( na actualidade só hai un) e colocación de cambiador de cueiros  colocación de prato de ducha no baño de adultos, aumento da sala de actividades, desprazando o tabique actual para modificación da sala de descanso.  Ampliación de recibidor, cambio de fiestras e peche con galería da entrada o Centro, entre outras obras.  Así mesmo, a adquisición e mellora do equipamento do centro, inclúe a compra de mobiliario e material didáctico e de xogo,  así como a dotación  de conexión á internet no local e a compra  de dispositivos dixitais.

Según manifesta o Alcalde, Horacio Gil,  con estas actuacións, o concello de Arbo, pretende aumentar o máximo as posibilidades das diferentes zonas do P.A.I, reorganizar os espazos para que sexan máis funcionais, conseguir que aumente a sustentabilidade, adecuar o espazo de xogos as diferentes actividades que se realizan  e seguir na mesma liña que leva adoptando dende a súa chegada o goberno, de mellorar os servizos en infraestruturas municipais

Deja un comentario