+034 986 09 02 04 Venres 17 de Novembro de 2017

O CONCELLO DE BUEU ‘TÍNGUESE’ ESTE DOMINGO DE AZUL PARA CELEBRAR O DÍA DA DIABETE


Ese día, lerase tamén un manifesto a cargo de Anedia e haberá unha pequena actuación musical a partir das 19.00 horas na Praza do Concello

A concelleira de sanidade de Bueu, Teresa López, anuncia que o Concello se sumará á celebración do Día Mundial da Diabete, que se conmemora o 14 de novembro e que inclúe diversos eventos por toda a provincia, convocados pola Asociación de Nenos e Nenas con Diabete de Galicia (Anedia). Así, en Bueu os actos terán lugar o domingo, 12 de novembro, a partir das 19 horas na Praza do Concello, onde actuará o grupo de gaitas Os Liboreiros e a continuación lerase un manifesto a cargo de Ana Pérez, presidenta de Anedia.

Ademais, e como xa se fixo o ano pasado, a Casa Consistorial da vila vaise alumear de azul, que é a cor que identifica esta doenza.

Con motivo desta efeméride celebraranse diversos actos, sendo o central o da IV Milla Urbana Solidaria que será este sábado en Pontevedra, onde hai máis eventos, ademais de noutros concellos.

Deja un comentario