+034 986 09 02 04 Domingo 19 de Novembro de 2017

O CONCELLO ACOMETE UNHA NOVA OBRA DE SEGURIDADE PEONIL NO ACCESO Á IGREXA DE VIASCÓN


O  proxecto,  moi  similar  ao  executado  no  vial  do  templo  de  Borela, consistirá na instalación dunha barandilla de madeira de 120 metros

 A actuación pretende minimizar o risco de accidentes nunha zona moi transitada, sobre todo por xente maior, desta parroquia

O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de iniciar unha nova obra de seguridade peonil no vial de acceso á igrexa parroquial de Viascón, xa que o mesmo conta cunha forte pendente e un terraplén lateral de grandes dimensións que xeneran certos riscos aos usuarios deste percorrido e preténdese correxir esta situación coa instalación dunha barandilla.

O presidente municipal, Jorge Cubela, visitou os traballos iniciais, consistentes na apertura dunha zanxa que permitirá pivotar o citado sistema de protección. A idea do goberno local, que está a intensificar numerosas obras antes da chegada do inverno, pasa por colocar unha barandilla de madeira co dobre obxectivo de garantir a seguridade e manter unha boa imaxe da parroquia respectuosa coa contorna. O proxecto, moi similar ao realizado recentemente no vial de acceso á igrexa de Borela, é de bastante calado, xa que terá unha lonxitude duns 120 metros.

A actuación pretende minimizar o risco de accidentes e caídas nesta zona, que é das máis transitadas  da  parroquia  pola  presenza  da  igrexa.  “Cremos  que  se  trata  dunha  obra  moi necesaria para evitar sustos, xa que hai moita xente, especialmente maior, que transita por este vial  e  poden ter  un  resbalón  ou calquera  outra circunstancia  cuxas  repercusións  quedarán minimizadas con este sistema de protección”, explicou Cubela.

Deja un comentario