+034 986 09 02 04 Domingo 19 de Novembro de 2017

CUBELA E A XUNTA REÚNENSE COAS COMUNIDADES DE MONTES E GANDEIROS AFECTADOS POLOS LUMES FORESTAIS


O  encontro,   de   dúas   horas,   citou   aos   colectivos   de   Augasantas, Rebordelo, Loureiro, Tenorio e Borela e a seis donos de explotacións

O  presidente  de  Cerdedo-Cotobade,  Jorge  Cubela,  o  xefe provincial  de Medio  Rural, Antonio  Crespo, e  a xefa do Servizo de Montes,  Amalia Pazos, mantiveron unha xuntanza cos representantes das comunidades de montes e con gandeiros particulares afectados pola vaga de lumes forestais do pasado mes de outubro para abordar a situación no municipio e informar sobre as axudas convocadas recentemente pola Xunta de Galicia.

O encontro, que se celebrou no salón de actividades do consistorio de Carballedo e se prolongou por espazo de dúas horas, serviu para que os representantes autonómicos explicaran en profundidade a orde de axudas e as distintas posibilidades de indemnización que ofrece e tamén para que coñeceran de primeira man os danos exactos causados polos lumes no municipio.

A xuntanza contou coa participación dos representantes das comunidades de montes de Augasantas,  Borela,  Rebordelo,  Loureiro  e  Tenorio,  que  foron  as  cinco  parroquias  máis afectadas pola mencionada vaga, e de seis gandeiros que padeceron os efectos do lume nas súas explotacións.

O presidente municipal, Jorge Cubela, amosou a súa satisfacción polo resultado da xuntanza, xa que destacou a sensibilidade dos representantes da Xunta para estar do lado dos veciños  e aportarlles información e tamén resaltou o optimismo co que os afectados saíron do encontro ao percibir que existen bastantes posibilidades de contar con axudas que permitan manter a súa actividade ou a recuperación dos seus terreos, no caso das comunidades.

Asimesmo, anunciou que o goberno local prestará “colaboración absoluta” aos afectados e explicou que vanse poñer a disposición destas comunidades de montes e veciños “todos os servizos municipais para que reciban, se así o precisan, asesoramento nesta materia e axuda na tramitación das solicitudes”.

 

 

 

Deja un comentario