+034 986 09 02 04 Mércores 12 de Decembro de 2018

O CONCELLO DE SALCEDA FARÁ ACCESIBLE A IGREXA E CEMITERIO DE SOUTELO


O Concello de Salceda de Caselas iniciará nas vindeiras semanas as obras de accesibilidade á Igrexa e Cemiterio de Soutelo. O proxecto, valorado en 7.638,52 será posible grazas á financiación da Deputación Provincial de Pontevedra, en base ás subvencións dirixidas aos Concellos da provincia de Pontevedra para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural, que o Concello de Salceda solicitou para levar a cabo esta

O Equipo de Goberno de Salceda segue así no proceso de eliminación de barreiras arquitectónicas en todo o municipio, centrándose na accesibilidade dos edificios e espazos públicos e/ou de interese xeral. Neste caso solucionase a accesibilidade tanto á Igrexa como ao Cemiterio parroquial, que se atopan situados á mesma altura.

O Concello de Salceda leva acometido xa obras de accesibilidade nas Igrexas de Parderrubias e Santa María, co obxectivo de que nas sete parroquias se eliminen as barreiras arquitectónicas tamén no patrimonio vinculado á relixión.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda: “Seguimos a traballar en achegar e poñer en valor o noso riquísimo patrimonio cultural e histórico. Ademáis, Salceda está a dar grandes pasos no camiño de conseguir a total accesibilidade para tódalas persoas aos lugares públicos e de interese. Nese senso seguiremos a poñer tódolos nosos esforzos con esta e outras melloras imprescindibles para lograr o noso obxectivo. É de xustiza”.

Deja un comentario