+034 986 09 02 04 Sábado 26 de Maio de 2018

O XARDÍN BOTÁNICO DO CASTELO DE SOUTOMAIOR ACOLLE DÚAS NOVAS ESPECIES DE ÁRBORES


O xardín botánico do Castelo de Soutomaior acolle dúas novas especies de árbores para completar as máis de cen que neste intre están repartidos nas 25 hectáreas de superficie que acolle as dependencias da Deputación de Pontevedra.

En concreto se trata dun exemplar de Abeto  de cinco metros da familia Abies pinsapo, que se colocou no patio de armas do castelo, repoñendo así o que xa existía e foi derrubado polos temporais deste inverno. Esta especie aparece  en varios puntos das Serras de Málaga e Cádiz, no extremo occidental da cordilleira Bética. A maior parte dos pinsapares andaluces atópanse en áreas protexidas: Parque Natural da Serra das Neves e Paraxe Natural dos Reais de Sierra Bermeja, na provincia de Málaga, e Parque Natural Sierra de Grazalema na provincia de Cádiz.  Ten una especie similar coñecida como Pinsapo maroccana , localizada no Norte de Marrocos coa cal inicialmente confundíase.

A outra especie que foi plantada é un Cedro da familia un Cedrus atlantica aurea, que se plantou na parte baixa do xardín e do que ata día de hoxe non existía na finca  ningún exemplar.   É unha especie de  cedro que procede de Rusia , permanece todo o ano verde e crece ate os doce metros de altura coa súa porte cónica.

A superficie de 25 hectáreas do Castelo de Soutomaior conta cun xardín de cen especies senlleiras e de camelias, pero ademais ten unha plantación de vides de uva albariña que entréganse a unha adega  tras unha poxa pública e arbores frutais, que tras a recollida destínanse a entidades benéficas  da provincia.

Deja un comentario