+034 986 09 02 04 Martes 16 de Outubro de 2018

O CONCELLO DE BUEU CELEBRA ESTE VENRES O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Ás 11.40 horas haberá unha concentración silenciosa, e a continuación entregaranse os premios do XV Concurso de Carteis contra a violencia de xénero entre os centros educativos

O Concello de Bueu conmemora este venres o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, unha data con moito protagonismo para os centros educativos da vila, que constitúen o piar fundamental á hora de traballar esta data dende o Centro de Información ás Mulleres.

Ás 11.40 horas, se a meteoroloxía o permite, haberá unha concentración en memoria das vítimas da violencia na Alameda do Concello, na que todos e todas as asistentes gardarán un minuto de silencio como repulsa ante todo tipo de violencia e, en especial, á que se exerce sobre as mulleres. Xa ás 12 horas, no Centro Social do Mar, o alumnado do CEIP A Torre de Cela será o encargado de realizar a Declaración conmemorativa, e a continuación farase entrega dos premios do XV Concurso de Carteis contra a violencia de xénero, aos gañadores/as dos centros de primaria, ESO e bacharelato. Neste acto contarase co alcalde da vila, Félix Juncal, ademais doutros concelleiros/as da corporación.

Con motivo desta data, a Biblioteca Municipal Torrente Ballester de Bueu tamén acolle durante esta semana unha mostra bibliográfica arredor da muller, con libros que tratan sobre a violencia de xénero, da igualdade, e outros nos que as mulleres son protagonistas. Ademais, hai unha parte infantil con propostas para os nosos pequenos e pequenas.

E ata o sábado, 25 de novembro, as persoas interesadas poderán enviar os seus traballos para participar no VIII Certame de Relatos de Muller Matilde Bares, que está dotado con 1500 €, e que busca fomentar a reflexión crítica arredor da igualdade e da erradicación da violencia machista. As bases poden verse na páxina web municipal (www.concellodebueu.org).

Gañadores do XV Concurso de carteis

PRIMEIRO PREMIO DE PRIMARIA: XIANA DIOS GARCÍA, de 5º de  primaria  do  CEIP A Torre (Cela).

PRIMEIRO PREMIO DA ESO: LAURA MARTÍNEZ PAZOS ,de 4º da ESO do CPR Virxe Milagrosa.

Este é o cartel elixido como deseño publicitario da campaña local do 25N.

PRIMEIRO PREMIO DA ESO: CLAUDIA FIEL FERRADÁS, de  1º DA ESO do CPR Virxe Milagrosa.

MENCIÓNS ESPECIAIS:

  1. Miguel Barreiro Vilas, de 5º de educación primaria do CEIP Montemogos (Beluso)..
  2. Eloy Alfaya Portela, de 5º de educación primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra.
  3. Anxo Rodríguez Juncal, de 5º de educación primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra.
  4. Sabela Cancelas León, de 6º de educación primaria do CEIP Montemogos (Beluso).
  5. Noelia Álvarez Santos , de 6º de educación primaria do CPR Virxe Milagrosa.
  6. Noa Gómez Cabaleiro, de 6º de educación primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra.
  7. Breixo Pardo López, de 1º da ESO do IES Illa de Ons.
  8. Marina de la Torre Lamosa, de 3º da ESO do CPR Virxe Milagrosa.
  9. Marta Pastoriza Freire, de 3º da ESO do CPR Virxe Milagrosa..
  10. Daniel Faye García, de 3º da ESO do IES Johan Carballeira.
  11. Yago Portela Lamosa, de 3º da ESO do IES Johan Carballeira.

Deja un comentario