+034 986 09 02 04 Luns 18 de Decembro de 2017
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A Al-AIBYT UNIVERSITY DE XORDANIA INTERESASE POLO TRABALLO DA ESCOLA DE CANTERÍA DA DEPUTACIÓN


Tres profesores xordanos da Al-Aibyt University visitaron este xoves 23 de novembro as instalacións da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra

A Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra recibiu durante a mañá deste xoves 23 de novembro a visita de tres profesores xordanos da Al-Aibyt University, que tamén estiveron acompañados por profesorado da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

A Al-Aibyt University, considerada unha das dez mellores universidades de Xordania, está situada en Mafraq, a menos de oitenta quilómetros de Amán, capital do país.

Os profesores xordanos, que chegaron á Escola de Cantería interesados polo traballo que desempeña o centro de formación da Deputación de Pontevedra, puideron coñecer de primeira man os traballos que os alumnos e alumnas da Escola de Cantería desenvolven o longo do ano e as experiencias de colaboración que teñen en diferentes países do mundo.

Os estudos que realizan as alumnas e alumnos na Escola de Cantería son eminentemente prácticos, por iso as saídas e visitas de estudos forman parte integral do proxecto educativo do centro. Froito desta formación práctica, moitas das obras de arte, como cruceiros, monolitos, conxuntos escultóricos, bustos, peanas ou construcións arquitectónicas, que levan a cabo as alumnas e alumnos están a ser situadas en lugares de Galicia, de toda España e tamén de Brasil, México, Arxentina, Panamá e Portugal. Ademais, antigos alumnos e alumnas están a traballar na restauración do Capitolio de Washington e do barrio de Chiado de Lisboa, así como a desenvolver actuacións de rehabilitación da Catedral de Santiago ou Westminster en Londres e de construción da Sagrada Familia de Barcelona.

Deja un comentario