+034 986 09 02 04 Martes 11 de Decembro de 2018

FORNELOS DE MONTES ACOLLE A SÚA V FEIRA SOLIDARIA


O pavillón Municipal de deportes será o escenario da xa quinta  edición desta feira na que disfrutaremos do concurso de Beléns en miniatura e do Campionato de parchís de Fornelos de Montes

O pavillón Municipal de deportes acollerá,  este domingo día 10, coincidindo ca quinta Feira de Artesanía Solidaria o concurso de Beléns en miniatura e o Campionato de parchís de Fornelos de Montes.

Tanto o  concurso de Beléns como o Campionato de parchís están pensados  para todas as idades e xente de todos os lugares que desexe participar e pasar un domingo diferente.

Referente ó concurso de Beléns poderanse  utilizar os materiais e técnicas desexados sin límites, agás productos que sexan contaminantes ,  e a  base dos Beléns non poderá exceder os 30×30 cm.  A hora para depositar os traballos será de 11 a 14 horas do Domingo no mesmo pavillón Municipal de fornelos de Montes e quedará exposto hasta as 20h. Os creadores que desexen presentar as súas obras  deberán facer a inscrición antes do día 8 de decembro por mensaxe privado a seguinte páxina de facebook  www.facebook.com/Ayudales-A-Sonrreir-1279366595426462/. Por suposto a incrición é gratuíta. No momento da entrega para a súa valoración, o Belén deberá  ir acompañado dun sobre pechado no que se especifique nome e apelidos, teléfono e descrición dos materiales utilizados para a súa creación.

O xurado será escollido de forma aleatoria e será o encargado de valorar o Grado de artesanía que irá de 10 a 0 (cantas máis pezas artesás máis puntos), tamén a creatividade e a orixinalidade das creacións.

O primeiro premio será de 50€, o segundo constaría de 25€ e un terceiro premio de 15€.

Referente o Campionato de parchís que tamén terá lugar no pavillón Municipal este domingo 10 haberá que inscribirse por privado na mesma páxina www.facebook.com/Ayudales-A-Sonrreir-1279366595426462/ indicando nome, idade e número de teléfono. A orde de xogo será correlativa á orde de inscrición con 4 xogadores por partida, nas que se contará con un controlador . As partidas terán comezo das 12 do mediodía as 14h, e a segunda rolda de 15 a 17h, comezando a eliminatoria entre os gañadores de esas partidas hasta conseguir tres clasificados , que serán agasallados co seu correspondente premio. O último día de inscrición para o campionato de parchís será o 6 de decembro.

O evento estará patrocinado pola Axencia de Seguros Reale de Pontecaldelas

Deja un comentario