+034 986 09 02 04 Xoves 22 de Febreiro de 2018

ABERTA A INSCRICIÓN PARA O CAMPAMENTO DE NADAL DO CONCELLO DE ARBO


Un ano máis o Concello de Arbo organiza un campamento lúdico-pedagoxica para os máis cativos.

O concello de Arbo, abre o prazo de inscrición para o participar no campamento de nadal 2017-2018, que se presenta co nome de “Desexos dun Nadal Máxico”.

Un espazo onde se porán en marcha un conxunto de iniciativas encamiñadas a favorecer o desenvolvemento persoal e social d@s menores, asi como proporcionará a@s nenos e nenas durante o período vacacional de Nadal a oportunidade de gozar do seu tempo libre e ocio autotélico, con actividades lúdico-educativas que fomenten o desenvolvemento de hábitos de diversión creativa.

As incricións, están abertas ata 15 de decembro, poderán facerse no Concello de Arbo, en horario de 9 a 15.00 horas e vai dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Máis información chamando ó 986.6650.00 ou na paxina web www.concellodearbo.es

O Nadal é unha época moi especial para os nenos, son días máxicos cargados de ilusión, con tal motivo dende o Concello queremos achegar aos nenso e nenas á máxia e o espírito do Nadal, sendo o mesmo tempo un  espazo alternativo para a conciliación da vida familiar e laboral, durante este periodo vacacional. Os nenos participantes, recibirán a visita de Papa Noel, formaran parte da comitiva na Cabalgata de Reis, entre outras actividades, según manifesta o alcalde Horacio Gil.

Deja un comentario