+034 986 09 02 04 Luns 18 de Decembro de 2017

CARREIRA E ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO EN MEIS


O evento contará coa participación do triatleta ordense Iván Raña, un dos nosos máis recoñecidos deportistas

O Concello de Meis organiza unha carreira e unha andaina por motivo da repulsa contra a violencia de xénero que terá lugar este domingo día 3 no Mosteiro.Por este importante acometido o evento contará coa participación do deportista ordense Iván Raña que de seguro servirá de motivación para tódolos asistentes pequenos e maiores.

Raña foi ciclista profesional e actualmente compite en triatlón, gañador de tres medallas no Campionato Mundial de esta disciplina entre os anos 2002 e 2004, e tres medallas máis no Campionato Europeo entre os anos 2001 e 2003. Participou tamén en tres Xogos Olímpicos entre os anos 2000 e 2008, obtendo dous diplomas olímpicos de quinto lugar en Sidney 2000 e Pequín 2008.

Iván Raña está considerado un dos deportistas pioneiros do Triatlón en España. A Xunta de Galicia otorgoulle a Medalla de Plata de Galicia en 2003 e en septembro do ano 2000 o xornal El Correo Gallego nomeouno Galego do Mes.

A saída tanto da andaina como da carreira terá lugar no campo da feira do Mosteiro a partir das 10:00h am, e será de forma cronometrada. Todo aquel que queira participar aínda está a tempo facendo a súa inscrición, xa que se ampliou o prazo, na páxina www.cronotec.es, hasta o día venres 1 as 12h da mañán.

Os participantes poderán recoller as súas dorsais no mesmo campo da feira dende as 9:00 hasta as 9:45h, comezarase coa saíada da andaina as 10h da maña con un recorrido de 8 Km e volta o mesmo campo da feira, e os corredores farán a súa saída as 10:15h con unha distancia de 12 km rematando tamén no campo da feira.

Haberá catro premiados, corredor de Maior idade feminino e masculino, e corredor de Menor idade feminino e masculino.

A previsión do tempo para este domingo será de intervalos nubosos aislados e unha temperatura de 8 graos.

O prezo da inscrición é de 5 € e a recadación será íntegramente abonada a favor da Asociación “ESMAR: Non á violencia”. Para máis información pódense poner en contacto no teléfono: 615522448

Recibe as novas da carreira polo WhatsApp. Engade á axenda o número 694 461 765

Envía CONTRA polo whatsapp a o 694 461 765.

Deja un comentario