+034 986 09 02 04 Luns 18 de Decembro de 2017

CONCURSO DE CARTEIS DA LVIII FESTA DA LAMPREA


O Concello de Arbo, un ano máis,  convoca o concurso de carteis con motivo da celebración da “LVIII Festa da Lamprea” que terá lugar os días 27, 28 e 29 de abril do ano 2018.

Este concurso ten como obxectivo deseñar o cartel para a  “LVIII Festa da Lamprea”  promovendo así a principal festa gastronómica do Municipio.

Poderán participar no concurso todos interesados no mesmo.

Tema: LVIII Festa da Lamprea.

Soporte: As propostas serán entregadas en sorporte fisico (papel, tela, carton…) no que os participantes consideren axeito e en tamaño mínimo A3, asi coma en soporto dixital á máxima resolución.

Poderán presentarse como máximo dous carteis por participante.

Nos carteis deberá incluírse de xeito correcto as datas da Festa,  as letras e  a edición da festa correspondente ao ano 2018: “LVIII Festa da Lamprea (27, 28 e 29 abril)”. O erro en algún destes aspectos determinara a exclusión do cartel.

Material: Os materiais a empregar poderán ser lapis de cores, ceras, acuarelas, témperas, collage, etc.

As obras orixinais presentadas deberán vir protexidas de forma adecuada, o Concello non se responsabiliza de ningún dano que poidan sufrir durante o transporte ou manipulación dos mesmos.

Se establecen 3 premios de 600,00 €.- o primeiro, 300,00€.- o segundo e 100,00€.- o primeiro

Os premios serán entregados na Gala da Lamprea,  que ten lugar o venres da  Festa da Lamprea. E condición indispensable que os gañadores esten presente no acto para recoller o premio.

Según manifesta o Alcalde do Concello de Arbo e responsable da Area de Turismo, con este concurso se pretende promocionar e promover a nosa Festa da Lamprea, por algo se nos coñece como a Capital da Lamprea do Rio Miño, e polo que dende hai 57 anos celebramos esta festa gastonómica a máis antiga de Galicia. Tamén se pretende dar a coñecer o importante patrimonio que rodea a lamprea  e a súa cultura, dende as artes de pesca como son as pesqueiras, ata os lugares de interese naturais e culturais,  porque Arbo ademais, e pura nature, e paisaxe e turismo rural, e deporte de aventura, é gastronomía e cultura, e que mellor que convocar estes concursos, que o ano pasado acadou unha repercusión a nivel nacional, donde se presentaron unha veintena de debuxos, chegados de distintas partes de Galicia e da xeografía Española.

Deja un comentario