+034 986 09 02 04 Luns 18 de Decembro de 2017

NAVA CASTRO INAUGURA O BELÉN ARTESANAL EN MOVEMENTO DE VALGA CO QUE SE ABRE “UNHA EFÉMERA E FERMOSA RUTA POR TODA GALICIA


 A directora de Turismo visitou o belén deste concello pontevedrés, declarado Festa de Interese Turístico e en cuxas melloras colabora o Goberno autonómico

A programación de Nadal da Comunidade galega ofrece novas propostas que a fan atractiva tamén en decembro, afondando na desestacionalización do turismo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, inaugurou o día de onte o  Belén Artesanal en Movemento de Valga, unha festa de Interese Turístico de Galicia coa que, afirmou, se abre “unha efémera, singular e fermosa ruta por toda Galicia” que percorrer en familia ou con amigos ao longo do mes de decembro.

Nava Castro felicitou os responsables do Belén Artesanal en Movemento de Valga e animou a todos os galegos e visitantes a que se acheguen a coñecer a súa combinación de figuras tradicionais, con alusión aos costumes e oficios galegos, e referencias á actualidade do ano.

O de Valga é, xunto ao Belén electrónico de Begonte (Lugo), o único coa consideración de Festa de Interese Turístico, polo que representan os dous principais símbolos dun extenso percorrido por toda a Comunidade cos que a Xunta de Galicia colabora. Neste sentido, Nava Castro lembrou que o pasado setembro asinou un convenio co Concello para a instalación dunha climatización que garante a conservación adecuada dos seus elementos artesanais.

“Beléns como o de Valga ofrecen aínda máis motivacións para visitar Galicia en decembro”, sinalou a directora de Turismo, quen subliñou que é tamén un tempo no que “saborear especialidades gastronómicas de tempada, descansar nos nosos silenciosos espazos rurais e balnearios ou mercar artesanía local para sorprender con nosos agasallos”, resaltou.

Crecemento de viaxeiros

 Con desta programación conxunta, contribúese á desestacionalización da demanda turística, afondando nos bos datos rexistrados xa no mes de outubro, cando o número de viaxeiros medrou un 6%, por riba da media anual do 2,6%. Este crecemento sostido permite acadar novos máximos históricos en Galicia, que a falta de computar os dous últimos meses do ano, xa recibiu máis de 4,6 millóns de visitantes, que fixeron 9,7 millóns de noites, un 5,3% máis.

Deja un comentario