+034 986 09 02 04 Sábado 23 de Xuño de 2018

SALCEDA DE CASELAS PREPARA O ENTROIDO MÁIS IMPORTANTE DA COMARCA


O Concello de Salceda de Caselas, ao traverso da Concellaría e Festas que dirixe Teresa Pérez, ven de publicar as bases para a participación no XX Desfile de Carrozas e Comparsas que se celebrará no municipio o domingo 11 de febreiro de 2018. Durante a semana do 22 ao 26 de xaneiro serán as agrupacións pertencentes a Salceda as que poidan formalizar a súa solicitude de participación no desfile, e na semana do 29 de xaneiro ao 02 de febreiro será o turno para as agrupacións de outros municipios, que poderán ocupar as prazas restantes por orde de solicitude.

As agrupacións deberán estar formadas por un mínimo de 15 compoñentes, e poderán presentarse con ou sen carroza, establecéndose diferentes categorías en ámbolos dous casos. Ademáis, o desfile completarase co concurso de coplas no que participan tódalas agrupacións. Todas as comparsas admitidas recibirán unha compensación económica pola súa participación, que varía entre os 100 e os 700 € en función do número de compoñentes.

 Ademáis da dotación económica, establécese un xamón como premio para diversas categorías: A mellor música en directo, a mellor coreografía, a comparsa máis festeira, a comparsa con maior número de compoñentes, o tema máis orixinal, o mellor vestiario, o mellor maquillaxe, a carroza máis traballada, a carroza máis orixinal, o mellor traballo en conxunto, as coplas máis divertida, as coplas mellor recitadas e o participante de maior idade.

 Toda a información e as bases do concurso poden consultarse a través da páxina web do Concello www.salcedadecaselas.es ou no taboleiro de anuncios do mesmo Concello.

En Salceda o Entroido é unha das súas festas máis grandes, para o que se prepara xa unha ampla programación que será presentada ao completo uns días antes das festas.

A programación municipal completará o xa tradiconal enfrontamento entre Castro Barreiro e A Feira, que hai xa máis de 125 anos se ven celebrando, e para o que os barrios levan xa tempo traballando arreo no máis estricto segredismo.

Teresa Pérez, Concelleira de Cultura: “Estamos ante a nosa festa máis tradicional, que en Salceda se remonta a máis dun século de tradición. Agardamos que un ano máis o noso Concello sexa referencia na festa do Entroido e agardamos a visita de milleiros de persoas para o que estamos a traballar xa entre as diferentes concellarías”.

Deja un comentario