+034 986 09 02 04 Mércores 22 de Agosto de 2018

O CONCELLO DE ARBO, PROMOCIONA OS SEUS ATRACTIVOS TURÍSTICOS EN FITUR 2018


Baixo a consigna “Arbo despierta tus cinco sentidos”, Horacio Gil, alcalde do concello de Arbo, presentaba no Stand de Turgalicia os atractivos deste municipio, que ostenta o recoñecemento de ‘Vila da Lamprea e corazón dos viños Condado e Albariño’.

O río Miño imprime o seu carácter á tradicional gastronomía de Arbo. Nas nosas ‘pesqueiras’ captúranse as mellores lampreas do mundo, unha arte milenaria, que dota a este particular peixe dunha textura, unha cor e un sabor superior e diferente.

Ademáis da afamada lamprea, o microclima deste municipio favorece o cultivo da vid, da que se obteñen uns dos mellores viños condados e albariños da Denominación de Orixe ‘Rias Baixas’.

A gastronomía propia dun destino será o principal reclamo para máis dun 60% dos viaxeiros neste 2018. Polo que dende Arbo, seguen a promocionar a súa emblemática lamprea e os seus excelentes caldos, así como os demáis encantos que esta vila, situada ao sudoeste da provincia de Pontevedra, pode ofrecer.

Para desfrutar destes hitos culinarios, os días 27, 28 e 29 de abril de 2018, celebrarase en Arbo a ‘LVIII Festa da Lamprea’, a festa gastronómica máis antigua de Galicia, declarada de Interese Turístico Nacional.

Na carpa de Arbomostra, que este ano cumpre a súa trinta e catro edición, instalada no recinto do Colexio “Antonio Carpintero”, poderán degustar durante estos tres días, a lamprea ao estilo ‘arbense’ e a lamprea seca nas súas distintas forma de preparación. Tamén durante todo estos días desfrutarase dunha programación, como todos os últimos anos, moi variada e da que poden disfrutar tanto maiores coma cativos.

Horacio Gil manifestou durante a súa intervención que “en Arbo estamos orgullosos do medio no que temos a fortuna de vivir, non só pola indiscutible beleza dos nosos ríos e montañas, as fermosas praias fluviais e as augas medicinais, senón tamén, polas formas enriquecedoras de gozar dela que desenvolvemos. Arbo é pura natureza, é paisaxe, pero tamén ten un gran patrimonio inmaterial cheo de lendas, crenzas e rituais de natureza mística e relixiosa onde a auga, as pedras e a lamprea son protagonistas de historias fascinantes. Atesouramos fermosas rutas para os amantes do sendeirismo, un importante patrimonio artístico e unha gran vida cultural. Arbo é unha terra de inspiración, boa comida e ledicia ante o tranquilo fluír do tempo cun vaso de bo viño”. Rematou dicindo que “Arbo e ún destino para saborear a gastronomía, é turismo de tradición milenaria para paladares exquisitos, con viños de delicada fragancia, con citas enogastronómicas como a Festa da Lamprea que terá lugar os días 27, 28 e 29 de abril e a Festa da Lamprea Seca o 11 e 12 de agosto, cun patrimonio único e singular, unha historia viva, arte con alma, con rutas de sendeirismo e deportes de aventura… Arbo, despertará os cinco sentidos de todos os nosos visitantes”.

Deja un comentario