+034 986 09 02 04 Sábado 17 de Novembro de 2018

CUBELA ACADA DA XUNTA A CONSTRUCIÓN DUNHA SENDA PEONIL EN AUGASANTAS NO MARCO DA MELLORA DA ESTRADA PO-234


O rexedor cualifica a actuación de “histórica” tras anos de demanda e salienta a consecución gratuíta dos terrenos no treito de Cotobade

Cubela, Balseiros e Vázquez abordaron a mellora da PO-230 e do vial Caroi-Cerdedo e a rehabilitación das antigas vivendas de mestres

O presidente de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, vén de acadar da Consellería de Infraestruturas unha importante mellora no marco da obra de remodelación e ampliación do primeiro treito da PO-234, entre Augasantas e o cruce de Portasouto, xa que vaise construir unha senda peonil de 700 metros e 1,80 de anchura nas inmediacións do núcleo poboacional da parroquia cotobadesa.

Cubela anunciou esta actuación, que beneficiará a mobilidade e a seguridade viaria na zona, na visita  efectuada  xunto  á  conselleira  Ethel  Vázquez;  o  vicepresidente,  José  Balseiros;  o concelleiro Fernando Vázquez; e numerosos veciños ao inicio das obras de mellora da estrada PO-234, que na actualidade abórdanse nun primeiro treito de 2,7 quilómetros cun investimento de 661.000 euros.

O presidente municipal cualificou esta actuación de “histórica” tras moitos anos de demanda e amosouse convencido de que mellorará moito a seguridade vial en dirección a Ponte Caldelas a partires do verán, que é cando se calcula que estea rematada esta primeira fase. Ademais, destacou o compromiso de Alberto Núñez Feijóo e de Ethel Vázquez “xa que durante moitos anos houbo moitos gobernos que non sacaron adiante esta actuación e foron eles, ao fronte da Xunta, os que apostaron por esta demanda e ademais o fan absolutamente, xa que se está a traballar administrativamente para que canto antes se completen os demais treitos ata o nos o concello veciño”.

Asimesmo, quixo deixar claro que o goberno local “tamén empuxou bastante e aportou o seu, xa que conseguimos a cesión gratuíta dos terreos nun tempo récord e por iso a obra arrancou por este treito, xa que no caso de Ponte Caldelas non foron quen e tiveron que recurrir a un proceso expropiatorio que dilatou os prazos”.

Previamente, Cubela,  Balseiros e  Vázquez mantiveron unha xuntanza de traballo con Ethel Vázquez no consistorio de Carballedo na que se abordou a próxima licitación da mellora da PO- 230,  entre  Serrapio  e  Vichocuntín  por  600.000  euros,  e  o  inminente  inicio  das  obras  de rehabilitación das antigas vivendas dos mestres de Cerdedo, na que se investirán 330.000 euros nunha primeira fase.

En calquera caso, sobre a mesa estivo a fixación dun cronograma para abordar a restauración das oito restantes canto antes e completar así o proxecto, orzamentado globalmente en 1,1 millóns de euros. Finalmente, a mellora da estrada municipal Caroi-Cerdedo, de 7 quilómetros, tamén foi abordada e xa se atopa na axenda do Goberno galego.

Deja un comentario