+034 986 09 02 04 Mércores 22 de Agosto de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

MÁIS DE 15.500 DEPORTISTAS UTILIZARON AS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO PRÍNCIPE FELIPE DURANTE O ANO 2017


O Centroda Deputación de Pontevedra, acolleu durante 2017 máis de 20 eventos deportivos, 425 partidos no campo de fútbol e preto de 175 no pavillón

Durante o ano 2017, as instalacións deportivas do Príncipe Felipe, da Deputación de Pontevedra, foron utilizadas con regularidade por máis de 50 clubs e acolleron actividades nas que participaron aoredor de 15.600 deportistas tanto da provincia de Pontevedra como de fóra.

Máis polo miúdo, o campo de fútbol foi utilizado semanalmente por 47 equipos da provincia e no pavillón adestraron un club de balonmán (Club Balonmán Cisne), un de baloncesto (CAB Pontevedra), un de ximnasia rítmica (Treboada) e dous de fútbol sala (Cidade de Pontevedra e InterPontevedra) e xogou os fines de semana o Tenis de Mesa Monteporreiro. Amais, ao longo do ano, no campo de fútbol disputáronse 425 partidos e no pavillón, 173.

Tamén durante o ano 2017, as instalacións deportivas do Príncipe Felipe acolleron ata 23 eventos tales como concentracións de equipos profesionais, campionatos galegos, torneos infantís, campus de tecnificación para nenos e nenas e campamentosmultideporte. A través destes eventos utilizaron as instalacións da Deputación de Pontevedra máis de 5.200 persoas.

Deja un comentario