+034 986 09 02 04 Mércores 22 de Agosto de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

AS OFICINAS DE SMARTPEME DE VIGO E A SÚA COMARCA ACOLLERÁN EN FEBREIRO ATA DEZAOITO OBRADOIROS


O  programa de asesoramento no ámbito das TIC da Deputación de Pontevedra está destinado ás persoas emprendedoras e ás pemes da provincia

As oficinas SmartPeme da área de Vigo, situadas nos concellos de Ponteareas, O Porriño e Vigo, acollerándurante este mes de febreiro dezaoito novos obradoiros ao abeiro do programa “SmartPeme” da Deputación de Pontevedra. “SmartPeme” oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.

En febreiro, a primeira oficina en acoller un dos obradoiros de “SmartPeme” será Ponteareas, que o venres 2 acollerá o curso “Woocommerce II – A solución para vender por internet”. Unha semana despois, o xoves 8 febreiro impartirase o obradoiro “Edición de fotografía para plataformas e-commerce”. Pola súa banda, o mércores 14 de febreiro será a quenda do curso “Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest” e o martes 20, “Desenvolve a túa propia estratexia de emailmarketing”. Dous días máis tarde, Ponteareas acollerá o curso “Linkedin:a túa rede de networking” e rematará o mes o luns 26 con “Mide os teus obxectivos en redes sociais: Análise de estatísticas.” A oficina “SmartPeme” de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, nº 5. Todos os cursos tamén comezarán ás 19.00h.

Pola súa parte, a oficina do Porriño acollerá o seu primeiro obradoiro do mes o vindeiro luns 5 de febreiro con “Fotografía de vehículos para a súa venda online”. Esa mesma semana, o mércores 7 de febreiro, celebrarase o obradoiro “Unifica a xestión das túas redes con Hootsuite”. A actividade no Porriño seguirá o luns 12 de febreiro, con “Linkedin: a túa rede de networking”. Tamén esa mesma semana, o xoves 15 de febreiro, terá lugar o curso “Woocommerce I – A solución para vender por internet”. Para rematar, o mércores 21 de febreiro terá lugar o curso “Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest” e o martes 27, “Sesión informativa: Así funciona Whatsapp Business”.A oficina “SmartPeme” do Porriño, no Multicentro do concello, atópase na rúa Ribeira, s/n.

En canto as quendas na oficina de Vigo, a primeiraterá lugaro martes6 de febreiro, co curso “Fotografía e vídeo para establecementos de turismo e hostalería”.A segunda, será “Facebook para non iniciados” e impartirase o luns 12 de febreiro, tan só dous dias antes do terceiro obradoiro do mes, “Crea os teus propios informes: Google Data Studio”. Unha semana despois, o martes 22 de febreiro, impartirase en Vigo o curso “Sabes como converter a túa páxina web nunha páxina segura?”. Pola súa banda, o xoves 22 de febreiro terá lugar o obradoiro “Comercio electrónico para micropemes” e para rematar, o mércores 28 de febreiro, “Prestashop I: Comeza a crear a túa propia tenda online”. A oficina “SmartPeme” de Vigo, na Sede da Deputación da cidade, atópase na Rúa Oporto, nº 3. Os catro obradoiros comezarán ás 19.00h.

A inscrición para estes cursos se pode facer a través do número de teléfono886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina webwww.smartpeme.depo.es

Lembramos que o novo proxecto “SmartPeme”, en palabras da Presidenta da Deputación, Carmela Silva, “é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das pemes e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos campos de actuación e alcanza novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos”.  Para isto, nas oficinas de SmartPeme no Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo haiitinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores e emprendedoras, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as pemes e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

Deja un comentario