+034 986 09 02 04 Domingo 19 de Agosto de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN CELEBRA ESTE DOMINGO O DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS COA RUTA “VOANDO NAS RÍAS BAIXAS” NO ESTEIRO DO MIÑO E NA FOZ DA RAMALLOSA


Este espazo natural será escenario do segundodos tresroteiros gratuítos impulsados este ano pola Deputación de Pontevedra coa colaboración de SEO BIRDLIFE

 Carmela Silva subliña cara ao Día Mundial dos Humidais “a evolución dunha sociedade que agora pon en valor e protexe estas zonas, cando fai poucos anos se querían urbanizar”

A Deputación de Pontevedra únese a celebración do “Día Mundial dos Humidais 2018” coa celebración dunha nova ruta ornitolóxica no esteiro do Río Miño e na Foz da Ramallosa que se celebra este domingo día catro de febreiro coa colaboración da sección pontevedresa da organización SEO-Birdlife baixo o nome de “Voando nas Rías Baixas”.

Uníndose a esta conmemoración a Deputación programou a visita á Foz da Ramallosa e ao Esteiro do Río Miñopor tratarse de dúas zonas próximas a zonas habitadas e que conteñen unha grande variedade de especies de aves. Así, falamos de zonas especiais de conservación e zonas de especial protección para as aves (ZEPA) e nelas acóllense milleiros de aves de invernada ou que empregan o espazo no seu tránsito cara o Sur. Así, podemos atopar limícolas como mazaricos, biluricos, pilros ou avefrías como patos, garzas, mergullóns ou pentumeiros. Tamén se poden ver aves rapaces, entre as que destacan a gatafornela, o lagarteiro cincente e a aguia peixeira, podendo observar a súa espectacular forma de pesca.O interese que suscita esta iniciativa medioambiental da Deputación de Pontevedra ponse de manifesto polo esgotamento das prazas dispoñibles para este roteiro en apenas 24 horas.

Xunto a esta visita conforman “Voando nas Rías Baixas” a ruta guiada ao Complexo IntermarealUmia-O Grove (que tivo lugar o pasado 21 de xaneiro) e ás Brañas de Xestoso (prevista para maio de 2018). A campaña forma parte das actuacións enmarcadas no Plan Estratéxico de Turismo, presentado hai unha semanas xa que se trata dunha oportunidade de diversificar o turismo na provincia de Pontevedra ao tempo que sensibilizamos á cidadanía local sobre a necesidade de preservar estes espazos protexidos.

O “Día Mundial dos Humidais 2018”, celébrase este ano baixo o epígrafe dos “humidais para un futuro urbano sostible”, e quere poñer de manifesto a importancia de contar con zonas humedais preto das cidades e a súa necesidade de preservación dada a súa importancia no benestar dos cidadáns. De feito a declaración da convención Ramsar (Convención sobre os humidais asinada por máis de 140 países o dous de febreiro de 1971) destaca que “durante as tormentas, os humidais urbanos absorben el exceso de precipitacións, reducindo as inundacións nas cidades e evitando desastres e os seus correspondentes costes. A abundante vexetación que existe nos humidais urbanos sirve de filtro para os refugallos urbanos e axudan a mellorar a calidade da auga”.A declaración deste día mundial reclama que os humidais sexan integrados nos plans de desenvolvemento e xestión das cidades “polos beneficios económicos, sociais e culturais que poden aportan aos cidadáns”.

A Deputación de Pontevedra está a apostar polo turismo ornitolóxico como unha nova modalidade para coñecer a provincia. Deste xeito, xunto con estas novas rutas, a institución provincial patrocinou no 2017 o documental “España, la tierra prometida” na que as Rías Baixas protagonizaron tres dos catro capítulos que o conforman.

Deja un comentario