+034 986 09 02 04 Xoves 13 de Decembro de 2018

O ENTROIDO, A FESTA MÁIS TRADICIONAL DE SALCEDA


A Casa da Cultura Castelao acolleu a presentación da programación de Entroido no Concello de Salceda de Caselas. O Alcalde Marcos Besada e aConcelleira de Cultura Tere Pérez estiveron acompañadas por representantes dos barrios de A Feira e Castro Barreiro.

Tere Pérez fixo un percorrido polos actos previstos que se extenderán dende o venres 9 ata o martes 13 de febreiro, con citas para tódolos públicos para tódolos gustos. Presentou o Entroido como a festa máis antiga de Salceda, con constancia documental da súa existencia cando menos dende o ano 1888, ano en que un veciño da Feiralle pedía aosseus familiares emigrados no Brasil ideas e diñeiro para afrontar o entroido. A Concelleiralembratamén que o Concello habilitará de novo unha zona reservada para persoas en cadeira de rodas no entorno da Praza do Concello, para que tamén elas teñan a posibilidade de presenciar os desfiles do mellor xeito posible.

Marcos Besada salientou o esforzo que fai o Concello en divulgar a festa do Entroido, agradecendo o enorme traballo levado a cabo polos veciños e veciñas de A Feira e Castro Barreiro, nunha festa que leva o nome de Salceda polo País adiante

A programación comezará o venres día 9, que será o turno dos centros escolares do municipio. Así, cóntase coa participación das Escolas Infantiles A Galiña Azul e Xoaniña, o CRA Raíña Aragonta, o CEP Altamira e o IES Pedras Rubias, que como cada ano amosarán o seu enorme traballo e creatividade en máis de 1300 nenos e nenas de idades entre os 0 e os 18 anos. Esta estase a converter nunha cita multitudinaria en Salceda, que ano tras ano ve as súas rúas ateigadas de xente para presenciar este variado desfile.

O domingo, día grande a nivel municipal, terá lugar o XX Desfile de Carrozas e Comparsas, de novo con máis de 1300 participantes repartidos en 11agrupaciónschegadas de Salceda, O Porriño, Tui, Vigo e Gondomar.  As comparsas recibirán polasúa participación axudas que van dende os 200 ata os 700 €, en función do número de compoñentes de cada agrupación. Ademáis de participar no desfile, as agrupacións subiranse tamén ao escenario para recitar as súas coplas, que seguro tratarán dos temas de máis rabiosa actualidade. Ademáis da compensación económica, as agrupacións loitan por conseguir ata un máximo de doce xamóns como premio a outras tantas categorías, valoradas por un xurado formado por un representante de cada unha das comparsas. A Concellaría de Cultura afronta esta cita como unha das máis importantes do ano, xa que nos últimos anos ten congregado a milleiros de persoas presenciando o espectacular desfile. As diferentes agrupacións traballan arreo para ter todo listo para a cita, que sen dúbida volverá marcar páxina na historia do entroido da comarca.

O luns e o martes, o Concello cede o turno para o Entroido máis tradicional do municipio, o que ven enfrontando dende hai máis dun século aos barrios de A Feira e Castro Barreiro. Estesdous barrios traballan arreo dendehai meses, no máis absoluto segredo, para que non transcenda ninguna información ao barrio rival. Para iso, como confirmaron hoxe os representantes dos dous barrios, están implicados prácticamente tódolos veciños do barrio, que dun ou doutro xeito colaboran coa súa festa máis arraigada. Lembramos que Castro Barreiro e A Feira son dous barrios pertencentes á parroquia de Santa María, separados entre si polo regato da Ameixoa, que fai as funcións de fronteira máis que nunca nestas datas. Castro Barreiro e A Feira competirán un ano máis por ter a mellor carroza, a mellor comparsa, o mellor son, a mellor verbena… e é que entre estes dous barrios todo, ata o máis mínimo detalle se converte en competencia.

Teresa Pérez, Concelleira de Cultura: “Estamos ante a nosa festa máis antiga e queremos seguir a ser referencia en todo o País. Queremos agradecer a enorme participación que teñen os nosos actos e o bo comportamento e competitividade que ano tras ano está a caracterizar a nosa programación”.

Marcos Besada: “Salceda prepárase para acollerunha vez máis a milleiros de visitantes, que aproveitarán ademáis para disfrutar da nosa oferta turística e de ocio. Transmitimos unha vez a nosanoraboaaosveciños e veciñas de A Feira e Castro Barreiro por seguir a manter viva unha tradición centenaria, e por facelo cada vez con máisforza se cabe. Así mesmo, felicitamos ásagrupacións participantes no desfile do domingo, que sendúbida están a acadar un nivel superior cada ano que pasa”.

Deja un comentario