+034 986 09 02 04 Mércores 22 de Agosto de 2018

A ALCALDESA FÁTIMA ABAL VISITA EN CAMBADOS A NOVA SEDE DE UNIÓNS AGRARIAS


A Alcaldesa foi recibida polo Secretario da Organización e Coordinador Técnico Samuel Lago e a enxeñeira Vitoria Méndez

A Alcaldesa Fátima Abal visitou esta mañá a nova sede do sindicato Unións Agrarias UPA . O local foi inaugurado o mércores día 31 de xaneiro e aínda que a Alcaldesa non puido asistir por razóns de axenda quixo achegarse para coñecer as novas instalacións que se atopan no Baixo do número 5 da Travesía Os píos, moi preto da Casa Consistorial.

A Alcaldesa estivo acompañada en todo momento  da enxeñeira Vitoria Méndez e do Secretario da Organización e Coordinador Técnico Samuel Lago que lle explicaba as razóns do cambio de local .

UPA cámbiase de Vilagarcía de Arousa a Cambados no ano 2004 e establece a súa sede na Rúa Pontevedra, naquel entón, a Organización Profesional Agraria contaba con ao redor de 400 afiliados , cifra que nos últimos anos ascendeu ata case 700. Este aumento significativo de afiliados foi unha das razóns polas que o antigo local quedábaselle pequeno, xa que o espazo co que contaban era insuficiente para organizar o Arquivo .

Ademais de ser máis amplo, o novo local conta cunha mellor accesibilidade e unha mellor distribución das dependencias, facendo o traballo máis cómodo e achegando maior privacidade á hora de atender aos seus afiliados.

Deja un comentario