+034 986 09 02 04 Xoves 22 de Febreiro de 2018

O CONCELLO DE MEIS CELEBRA O SEU ENTROIDO DE 2018


 

Eran as 16.30 e na casa da Cultura do Concello xa había afluencia, xa se respiraba ambiente de entroido en todos os recunchos. Nenos e maiores acudían a inscribirse cada un na súa categoría para participar no concurso de entroido que cada ano esperan con ilusión  familias enteiras de Meis.

Este ano, a diferencia dos anteriores  o xurado valorou a posta en escea nun pasarúas que encheu de cor e diversión o traxecto ate o pavillón municipal,  valorouse tamén o deseño e a dificultade tanto dos traxes coma das carrozas que os acompañaban, este ano especialmente complicado dada a calidade dos deseños  que se presentaron, por ese motivo tívose que engadir un cuarto premio nas categorías de grupo, tanto  infantil como adulto.

A saída dos participantes foi ás seis da tarde dende o mesmo centro cultural e cada comparsa danzou e divertiuse a reo ate a súa chegada ó pavillón donde foron recibidos polo público asistente. Os encargados de amenizar a festa  foron BBC Animacións e eventos, e na cantina do pavillón nenos e maiores puideron degustar os doces típicos desta época do ano como orellas e filloas entre moitos outros.

O Alcalde José Luis Pérez non quixo perderse a festa e ó redor das 8 e media da tarde facía  a entrega dos premios que foron os seguintes:

 

PREMIOS INFANTILES

 

  • De 4-7 anos

1º PREMIO: MARCIANO PLANETA PLATA

 

  • De 8-11 anos

1º PREMIO : O HOME DO MUÍÑO

2º PREMIO: LORITO REAL

3º PREMIO: A RAÍÑA DAS VOLVORETAS

 

  • Parellas

1º PREMIO: BOMBEIROS

2º PREMIO: TELEPIZZA

3º PREMIO: GUERREIROS

 

  • Grupos

1º PREMIO: CASTREXOS CELTAS

2º PREMIO: GOTTHANPA

3º PREMIO: PRAGA DO PICUDO VERMELLO

4º PREMIO: VIAXE GALÁTICA DO ANEXO

 

PREMIOS ADULTOS

 

 

  • Individual

1º PREMIO: VELLAS RELIQUIAS

2º PREMIO: PAPA PACO

3º PREMIO: ATRAPA UN RATO

 

  • Parella

1º PREMIO: XOGADOR E CAMPO DE GOLF

  • Grupos

1º PREMIO: DE VODA EN PARÍS

2º PREMIO: ENTROIDO DE MORTE

3º PREMIO: CORNAZO VILLE

4º PREMIO: BOSQUE ENCANTADO

Deja un comentario