+034 986 09 02 04 Luns 23 de Abril de 2018

A OMIX DE MONDARIZ ORGANIZA A ‘I BÚSQUEDA DO TESOURO INFANTIL’


A actividade, totalmente gratuíta está dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e 13 anos.

O Concello de Mondariz, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, (OMIX), vén de poñer en marcha a ‘I Búsqueda do Tesouro Infantil’, unha actividade gratuíta, dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e 12 anos e que terá lugar o martes día 13 de febreiro, Martes de Entroido.

A iniciativa consiste en que rapaces e rapazas terán que facer un percorrido ao longo do que irán atopando pistas e superando probas, que lles permitan chegar á meta.

Os nenos e nenas participantes irán acompañados, en todo momento, por monitores e monitoras que lles guiarán nesta actividade tan divertida na que os e as participantes terán que poñer a proba o seu enxeño e habilidade en probas adaptadas á súa idade. Como premio ao esforzo, haberá premios para os equipos gañadores.

Aínda que a actividade é totalmente gratuíta, por cuestións organizativas é precisa a inscrición previa que se pode formalizar pasando pola OMIX, chamando ao teléfono 986 664 306 ou enviando un correo electrónico ao enderezo omix@concellodemondariz.com

Ao remate desta ‘I Búsqueda do Tesouro Infantil’, haberá unha fantástica festa de Entroido aberta a participación de calquera rapaz ou rapaza de Mondariz, sen necesidade de ter participado previamente na procura do tesouro.

O Concello anima a todos os nenos e nenas a acudir disfrazados e dispostos a pasar unha tarde divertida.

Deja un comentario