+034 986 09 02 04 Martes 16 de Outubro de 2018

: O CONCELLO PON EN MARCHA OS OBRADOIROS DE ENTROIDO PARA A RAPAZADA


O Concello de Bueu puxo en marcha este luns pola mañá, entre as 11 e as 13 horas, os obradoiros de Entroido para a rapazada de entre 4 e 12 anos. As diversas actividades continúan tamén estes martes e mércores na carpa sita na Praza Massó, e poderán achegarse todos os nenos e nenas que o desexen posto que a entrada é de balde.

Por outra banda, a programación destas datas trasládase mañá ao lugar de Meiro, concretamente ao recinto da Morada, onde se celebrará a tradicional Filloada, organizada pola Asociación de Veciños A Morada coa colaboración do Concello. Segundo o programa, a partir das catro da tarde comezarán a elaborarse as filloas, para abrir a degustación ao público ás seis. Como atractivo desta celebración está prevista a actuación das comparsas da vila arredor das sete e media. Concretamente as persoas asistentes escoitarán a Vou nun bou, Os Kantaclaro, As Faltriqueiras, Os do Pinsel e Os Mulos.

Así mesmo, ata o 18 deste mes pódese ver no Centro Social do Mar a exposición dos carteis que se presentaron ao Concurso de Carteis de Entroido este ano, e de entre os que resultou gañador o da pontevedresa Beatriz Sieiro Caramés.

Deja un comentario