+034 986 09 02 04 Xoves 21 de Xuño de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A MOSTRA INTEGRADORA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, “SORRISOS TRANSFORMADORES”, CHEGA ESTE MARTES A TUI


A deputada de Cohesión Social, Digna Rivas, asistiráá conferencia impartida pola presidenta de ARELAS, Cristina Palacios, no Edificio Área Panorámica de Tui

A deputada de Cohesión Social, Digna Rivas, asistirá, xunto ao alcalde Carlos Padín, este martes 20 de febreiro, ás 11:00 horas noEdificio Área Panorámica de Tui, á charla que impartirá Cristina Palacios, presidenta da Asociación de Familias de Menores Trans* ARELAS, na que afondará sobre a situación do colectivo LGTBI, aportará a súa experiencia persoal e responderá ás dúbidas e cuestións que poidan xurdir.

A conferencia, á que están invitados o alumnado e profesorado do IES San Paio e do IES Indalecio Pérez Tizón de Tui, está encadradana inauguraciónda mostra “Sorrisos Transformadores”,un proxecto fotográfico paraa visibilización do colectivo LGTBI posto en marcha pola institución provincial en colaboración con ARELAS.

“Sorrisos Transformadores” é unha exposición itineranteque vén de percorrer varios concellos da provincia e que consta de 10 imaxes nas que aparecen retratadas persoas alegres, orgullosas, que amosan unha parcela da súa vida que lles gusta. Cada fotografía está acompañada por un texto que reflicte unha frase ou unha idea sobre a protagonista ou sobre a súa contorna. Entre as persoas retratadas inclúense persoas de relevancia social, sexan ou non transexuais, pero si relacionadas coa realidade destas persoas  pola súa profesión e que axudan á hora de transmitir a súa mensaxe, como son especialistas da educación, do dereito, da política ou da psicoloxía.

A finalidade de “Sorrisos Transformadores” é a de, por unha banda, prever actitudes e comportamentos discriminatorios por orientación sexual ou identidade de xénero e, pola outra, combater o acoso escolar por estes dous motivos, favorecendo a visibilidade do alumnado LGTBI e a plena normalidade das orientacións sexuais e identidades de xénero. A este respecto, a exposicióncompleméntasecunha oferta de charlas informativas, como a que terá lugar o martes en Tui, destinadas á comunidade escolar.

Deja un comentario