+034 986 09 02 04 Domingo 19 de Agosto de 2018

OS XUVENIS DO C.C.PONTEAREAS ESTE FINDE COMPETINDO EN EXTREMADURA


O Club Ciclista Ponteareas competirá coa categoria de Xuvenís na Carreira que se disputa o Sábado en Don Benito(Extremadura) a 52 edición da chamada Circuito Guadiana, puntuable para o ranking da Federación Española de Ciclismo.

Será a primera carreira desta temporada da Escola de Ciclismo, que este ano amadriñou Susana Alonso, do MTB Extremadura.

Esta será a 52 edición do Circuito Guadiana, e o Ponteareas non podia faltar nesta edición, xa que dende a Directiva continuan coa sua visión de dar saida as categorias base da sua escola.

Nesta ocasión os ciclistas que se desplazarán a Don Benito serán, Adrián Canda, o cal a pasada tempada xa disputou a carreira no seu primeiro ano de xuveníl, este ano vai con mais forza e coa ilusión de marcar una boa tempada, acompañarannos os recen ascendidos de categoría, Brais Gomez, Iván Rodriguez, José Sanchez e Adrián Gomez, sendo a sua primeira toma de contacto coa esixente categoría de xuvenil, pero con forza e ganas de dar o máximo.

Deja un comentario