+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Setembro de 2019

TALLERES DE ALFOMBRAS PARA APRENDER SOBRE A ARTE FLORAL


A actividade comezará o 7 de marzo e desenvolverase no Centro Social do Mar

A Asociación Cultural das Alfombras de Bueu organiza un obradoiro de alfombristas, destinado a aprender a todas as persoas interesadas a confeccionar tapices florais. Segundo avanzan dende a Asociación, os talleres terán lugar no Centro Social do Mar  os martes e xoves de 17.00 a 19.00 horas no Centro Social do Mar entre o 7 e o 23 de marzo.

A actividade, totalmente gratuíta, precisa de inscrición previa ou ben no Centro de Asociacionismo (CDA) ou na tenda Regalía, e poderán participar ata unha vintena de persoas.

Esta iniciativa forma parte da programación anual da Asociación, que xa está preparando a axenda de eventos para a Festa do Corpus e outras efemérides nas que as alfombras serán protagonistas.

Deja un comentario