+034 986 09 02 04 Sábado 23 de Xuño de 2018

A ALCALDESA DE CAMBADOS FÁTIMA ABAL DÁ A BENVIDA AOS ALUMNOS DO CURSO DE OPERACIÓNS BÁSICAS DE RESTAURANTE E BAR


O curso AFD (Área de Formación para Desempregados) , subvencionado pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Emprego e Seguridade Social será impartido no Centro Sociocultural da Mercé de Cambados dende hoxe ata o 30 de Maio.

A Alcaldesa de Cambados Fátima Abal acudiu esta mañá ao Centro Sociocultural da Mercé para dar a benvida aos integrantes do curso AFD de Operacións básicas de restaurante e bar .

A formación está dirixida a mozas e mozos traballadores que se atopan en situación de desemprego e está subvencionado pola Xunta de Galicia dentro do programa do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

O curso terá unha duración de 318 h nas cales están incluídas 80 horas de prácticas que se levarán a cabo en diversos locais da zona do Salnés e será impartido dende hoxe ata o día 30 de Maio, acreditando aos seus integrantes cun certificado de Profesionalidade Nivel 1.

O requisito para este tipo de formación é para traballadores en situación de desemprego e necesitaban estar inscritos nas listas do INEM, o aforamento é de 15 persoas por curso e deuse prioridade a aqueles que máis tempo leven desempregadas e desempregados. Na páxina web do Concello de Cambados na súa Área de Emprego e Orientación Laboral poden informarse sobre todos os cursos para este ano 2018, bases e requisitos.

A Alcaldesa quixo animar aos alumnos e desexarlles moita sorte, esperando que os cursos AFD poidan abrir  portas no mercado laboral a tantos mozos e mozas traballadores que se atopan en situación de desemprego, e pon á súa enteira disposición o Centro Sociocultural da Mercé como Centro colaborador da Xunta de Galicia acreditado para este fin.

Deja un comentario