+034 986 09 02 04 Xoves 24 de Maio de 2018

MIGUEL RODRÍGUEZ DO CLUBE CICLISTA PONTEAREAS NO OPEN DE ESPAÑA BTT XCO


O cadete do Clube Ciclista Ponteareas, Miguel Rodríguez, desplazarase este sábado dia 3 de Marzo ata Valencia para disputar o domingo dia 4 de Marzo o Gran Premio Diputación de Valencia XCO Chelva.

Dita carreira é a primeira das 4 probas que compoñen o Open de España de BTT XCO.

Esta será a primeira ocasión na que o Clube Ciclista Ponteareas, co representante Miguel Rodriguez, estará nunha competición a nivel estatal na modalidade de BTT.

Tal como levan dito en innumerables ocasións o Clube Ciclista Ponteareas, busca que os seus nenos e nenas fagan a modalidade de ciclismo que mais lles apaixonen, coma é o caso de Miguel Rodríguez.

Deste xeito abrese unha nova forma de traballar e velas cousas nas que prime que os nenos disfruten do que mais lles gusta e inculcándolles uns valores que un deporte coma o ciclismo fai.

Ainda que Miguel Rodriguez tratase dun cadete de primeiro ano, dende o Clube saben que Miguel estará a altura das probas, tal como leva demostrado nas categorias inferiores a que se atopa.

Esta será a primeira proba, pero tamén poderemos velo no resto das catro probas como son o 18 de Marzo en Valladolid, o 8 de Abril en Villuercas (Extremadura) e o 3 de xuño en Alcalá de Henares ( Madrid), sen descuidar que estará presente no calendario galego de XCO.

Deja un comentario