+034 986 09 02 04 Martes 21 de Agosto de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A CHUVIA MANTÉN EN ALERTA ÁS BRIGADAS DE CONSERVACIÓN DE ESTRADAS DA DEPUTACIÓN


Na xornada de hoxe foi preciso retirar neve de 15 vías provinciais nos concellos de Rodeiro, Dozón, A Golada e Lalín

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra vai cambiar a alerta por frío activadaa primeiros desta semana para as brigadas de mantemento de estradas por unha nova alerta por chuvia: nas vindeiras xornadasas temperaturas suavizaranse e chegarán borrascas de forma sucesiva.

Segundo explica o deputado Uxío Benítez, o día de hoxe estivo marcado por unha intensa actividadedas equipas de traballo sobre todo a primeira hora na comarca do Deza, onde se rexistrou unha copiosa caída de neve que obrigou a mobilizar a maquinaria necesaria: o camión coa coitela quitaneve e os esparexedores de sal. Foi necesaria a actuación das brigadas en alomenos 15 estradas dos concellos de Rodeiro, Donzón, A Golada e Lalín ata aproximadamente ás 10.30 horas, cando comezou a chover e a desfacerse a neve que tiña callado.

A xornada foi bastante tranquila na zona Sur e centro da provincia, incluso no interior, debido aos tratamentos preventivos e ao reparto de sal realizado nas vías máis conflitivas. A chegada da chuvia tamén facilitou a disolución das capas de neve e do xeo existente nalgunhas estradas.

O responsable da coordinación das brigadas provinciais tamén subliñou que de cara a vindeiros días manterase a alerta, neste caso por chuvia, debido á previsión de importantes cantidades de auga por metro cúbico o que, explicou, “ás veces resulta máis laborioso e complexo para o correcto mantemento da vía e a seguranza viaria debido aos arrastres e aos atranques de taxeas que crean bolsas de auga nas calzadas”.

Tal e como está establecido nos protocolos de actuación, nestes días as brigadas realizarán recorridos preventivos durante as mañás aliviando cunetas, retirando maleza e habilitando canles para a saída auga nas zonas detectadas como máis problemáticas. Haberá unha vixilancia especial nas zonas lindeiras cos montes arrasados polo lume na última vaga, xa que as escorrentías seguen a trasladar lamas e rochas que caen nas vías e impiden a circulación rodada e peonil.

As brigadas de mantemento de estradas da Deputación, ademais dos percorridos preventivos, atenden tamén as urxencias que xurden 24 horas, estando de garda tres equipas cada día, aos que se suman reforzos en alertas de maior relevancias. Os avisos aos traballadores provinciaischegan dende o servizo de Vixilancia provincial, que é alertado da necesidade de intervención nunha estrada provincial ou ben polo 112 ou por persoal dos concellos ou pola propia veciñanza.

Deja un comentario