+034 986 09 02 04 Xoves 21 de Xuño de 2018

NOVA MELLORA DE BEIRARRÚAS NA ESTRADA PROVINCIAL DE SUBIDA ENTRE OUTEIRO E NORTE


A empresa Construcciones Castro Figueiro é a encargada de acometer esta actuación, financiada pola Deputación de Pontevedra e cun orzamento de preto de 27.000 euros
A Deputación Provincial de Pontevedra acaba de asumir as obras de mellora da seguridade viaria na estrada que vai entre o Outeiro e Norte, concretamente a E.P. 1305, cun custe de preto de 27.000 euros e da que a empresa adxudicataria, Construcciones Castro Figueiro xa está levando a cabo os primeiros traballos.
Así o salientou o alcalde da vila, Félix Juncal, despois da visita que realizou esta semana ao lugar da obra, na que estivo acompañado de técnicos provinciais e da propia adxudicataria. O rexedor destacou que se trata dunha actuación de mantemento nun cial que dende fai anos tiña tramos onde había bordes de beirarrúa sen habilitar, ademais de zonas de vexetación en áreas de curvas, nas que había problemas de mantemento.
Polo tanto, despois de terlle trasladado esta situación en varias ocasións á Deputación dende a alcaldía, os traballos estanse realizando estes días e consisten na pavimentación das zonas dos bordillos e nas franxas entre os terreos privados e as zonas asfaltadas da estrada. O obxectivo é a mellora da seguridade das persoas que diariamente transitan a pé por ese vial, así como reducir a limpeza e os desbroces do propio vial.

Deja un comentario