+034 986 09 02 04 Martes 21 de Agosto de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

ENTREGADOS OS PREMIOS DO I FESTIVAL ‘O MUSEO DE PONTEVEDRA EN CURTAMETRAXES’


As curtas premiadas foron realizadas por alumnado de centros educativos de Nigrán, Pazos de Borbén, Vilaboa, Pontevedra, Vigo, Moaña e Marín
O Salón de Actos do Sexto Edificio acolleu a entrega de premios do I Festival ‘O Museo de Pontevedra en curtametraxes’. Os traballos premiados proceden de centros educativos de Nigrán, Pazos de Borbén, Vilaboa, Pontevedra, Vigo, Moaña e Marín e foron cualificados por un xurado conformado pola produtora Beli Martínez, pola realizadora Anxos Fazáns, pola responsable do gabinete didáctico do Museo, Paula Tilve, polo coordinador de contidos divulgativos do Museo, José Manuel Castaño, e polo deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal.
Os premios, que ascenden a un total de 9.000 euros, recaeron nos seguintes traballos:
Categoría infantil (alumnado de 5º e 6º de primaria)
1º premio: Colexio Salvador Moreno de Pontevedra pola curtametraxe “A vida dentro do cadro de Don Ramón”, dotado con 800 euros.
2º premio: CPI Curros Enríquez de Pazos de Borbén pola curtametraxe “Visita o Museo“, dotado con 500 euros .
1º accésit: CEIP Maillón de Nigrán por “Toc, toc, descubrimos o Sexto Edificio”, dotado con 350 euros.
2º accésit: CEP Riomaior de Vilaboa por ” A mellor recicl-arte no museo”, dotado con 200 euros.
Categoría benxamín (alumnado 1º e 2º da ESO)
1º premio: CPR Plurilingüe Labor de Vigo por ”O Tesouro de Caldas”, dotado con 1.000 euros.
2º premio: CPR Plurilingüe Labor de Vigo por “Animación de Prehistoria”, dotado con 700 euros.
Categoría Alevín (3º e 4º da ESO)
1º premio: NEE Barros Fernández de Marín por “Algunha vez chegan tarde”, dotado con 1.500 euros.
2º premio: IES As Barxas de Moaña por “Teño medo ás palabras”, dotado con 1.000 euros.
Categoría Cadete (alumnado de Bacharelato, Graos medios e Formación Profesional Básica)
1º premio: IES Sánchez Cantón de Pontevedra, pola curtametraxe “Cousas do Museo”, dotado con 2.000 euros.
Este festival nacera co obxecto de que o alumnado da provincia participase na posta en valor do patrimonio cultural exposto no Sexto Edificio, no Edificio Sarmiento e nas Ruínas de San Domingos, buscando a súa visión particular. O programa, que arrancaba o pasado mes de outubro e contemplaba unha serie de visitas guiadas e didácticas, así como obradoiros para fornecer aos e ás participantes dos coñecementos precisos para a realización final da curta.

Deja un comentario