+034 986 09 02 04 Venres 20 de Xullo de 2018

MARTA MÍGUEZ DESTACA A GALICIA COMO REFERENTE EN “ORGANIZACIÓN, TRAZADOS, AFECCIÓN E PILOTOS” DO AUTOMOBILISMO NA PRESENTACIÓN DO XXIV RALI DO COCIDO DE LALÍN


O Campionato de España de Rallys de Asfalto conta neste 2018 con 3 probas galegas, das 11 que o conforman, sendo o Rali do Cocido o que abrirá a tempada para continuar despois co Rally de Ourense e co de Ferrol

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou na presentación do XXIV Rali do Cocido que se celebrou na Casa do Concello de Lalín. Alí, a máxima responsable do deporte galego asegurou que este rally, que este ano forma parte das probas do Campionato de España de Rallys de Asfalto abrindo a tempada 2018, é froito do “traballo ben feito da Escudería Lalín-Deza” e que posibilita que “agora sexan tres as probas nacionais (xunto ao Rally de Ourense e o de Ferrol) que se disputan en Galicia das 11 que conforman o Campionato de España”.

Deste xeito, dixo a titular do Deporte, Galicia consolídase como “referente nacional do automobilismo grazas ao seu nivel organizativo, aos trazados dos percorridos que esixen o mellor dos pilotos, á afección intensa e responsable e aos pilotos como Iván Ares e José Antonio Pintor, campións de España en 2017”.

Marta Míguez lembrou que as tres probas galegas que forman parte do calendario do Campionato de España de Rallys de Asfalto compleméntanse cos 9 circuítos do Campionato Galego, xerando unha completa oferta galega.

Segundo a secretaria xeral, o Rali do Cocido é “unha das citas máis esperadas, polo que o 16 e o 17 de marzo os ollos do automobilismo nacional estarán pendentes de Lalín e de Galicia”.

Deja un comentario