+034 986 09 02 04 Martes 21 de Agosto de 2018

A XUNTA CONVOCA O 21 DE MARZO EN REDONDELA OS TITULARES DOS TERREOS AFECTADOS POLA CONSTRUCIÓN DUNHA SENDA ENTRE AMOEDO E PAZOS DE BORBÉN PARA O LEVANTAMENTO DE ACTAS


Os propietarios dos terreos deberán acudir ás 10 horas ao Multiusos da Xunqueira, no Concello de Redondela

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda convoca o 21 de marzo en Redondela aos titulares dos terreos afectados pola construción do itinerario peonil na estrada PO-250 para o levantamento de actas.

Os propietarios dos terreos deberán acudir ás 10 horas ao Multiusos da Xunqueira, no Concello de Redondela.

Esta actuación,que comezará en verán, centrarase na execución dunha senda na marxe dereita da estrada PO-250, que servirá para conectar as travesías de Amoedo e Pazos. A lonxitude total da senda é de case 820 metros, cunha sección tipo que consta dunha senda de 2,5 metros de ancho separada da calzada por cuneta de seguridade, unha zona axardinada máis os bordos de separación; salvo nos últimos 70 metros, na zona urbana de Pazos, na que a sección se reduce eliminando a cuneta e a banda vexetal.

Este itinerario está enmarcado na 1ª fase do Plan de Sendas de Galicia, na comarca de Vigo, á que a Xunta destinará un investimento de 3,9 millóns de euros para a execución de 9 proxectos que contemplan 11 treitos identificados como prioritarios. Estas obras serán cofinanciadas polo Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

A Xunta está a executar este tipo de actuacións coa fin de promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular, porque estas sendas permitirán que os usuarios poidan facer desprazamentos cotiás andando ou en bici dun xeito seguro.

Deja un comentario