+034 986 09 02 04 Xoves 13 de Decembro de 2018

SALCEDA INTENSIFICA A LOITA CONTRA A VELUTINA


 

O Concello de Salceda de Caselas, xunto co grupo de voluntariado vinculado á vespa velutina, ven de iniciar o proceso de colocación de trampas para esta nova tempada. Un total de 21 persoas colaboran altruistamente nesta tarefa, distribuíndose o traballo por parroquias, e que se encargarán cada duas semanas de repasar as trampas colocadas e o número de vespas velutinas que caeron nas mesmas. O Concello de Salceda facilítalle ao voluntariado o material e productos precisos para as trampas.
O pasado ano en Salceda de Caselas desactiváronse un total de 81 niños, que comparados cos máis de 100 que se desactivaron no 2016 aporta datos positivos en canto ao funcionamento das trampas, que están a conseguir a eliminación de raíñas e, polo tanto, de novos niños.
O Concello de Salceda agradece enormemente o traballo levado a cabo por este grupo de voluntariado, sen o cal sería imposible manter a poboación de vespa velutina controlada.
Carla Pérez, Concelleira de Medioambiente: “A Xunta de Galicia non fixo os seus deberes neste tema dende o primeiro momento, ata rematar derivándonos o problema aos Concellos, que nos temos que buscar a vida para solucionalo co escaso material que se nos aporta.

Deja un comentario