+034 986 09 02 04 Sábado 23 de Xuño de 2018

RESULTADOS FIN DE SEMANA DO CLUB BADMINTON TUI


O sábado Marcos, Hugo e Bruno, foron tres representantes en Ourense no Campionato Galego SUB17. Os tres son realmente SUB15 e a pesar de competir nunha categoría superior á súa fixeron un bo papel tanto en individuais como en dobres.

E o domingo o Club era sede da 6º Xornada de Cópaa Promoción Xogade en categorías infantíl e benjamín.
Foi unha mañá de deporte e convivencia entre xogadores e técnicos. O Club Badminton Tui agradece aos clubs participantes a súa asistencia e deportividade: As Neves, Crecente, Teis, Porto Cabeiro, Cangas e Rosalía
O Club felicita especialmente aos seus xogadores que fixeron un moi bo papel subindo ao pódium algún deles en case todas as categorías. E o importante, que gozaron con outros mozos e mozas doutros clubs deste bonito deporte.
E por último o Club agradece a colaboración de Juan Fernández, da federación que estivo axudando coa organización dos grupos e partidos.

Deja un comentario