+034 986 09 02 04 Xoves 21 de Xuño de 2018

O ESCRITOR XOSÉ MONTEAGUDO VISITA O XOVES O CLUB DE LECTURA DE DA AXENCIA DE LECTURA DE MEIRO


A actividade, que será de acceso libre, celebrarase o xoves 8 de marzo a partir das 20.00 horas
O escritor Xosé Monteagudo visitará o próximo xoves, 8 de marzo, a Axencia de Lectura de Meiro para conversar sobre o seu libro último libro Todo canto fomos. Este acto, que terá lugar ás 20.00 horas, forma parte das reunións mensuais que convocan os e as participantes do club de lectura e que están abertas ao público.
A novela conta varias historias aparentemente separadas que se acabarán por unir nun argumento que ten por fío condutor a realidade galega de todo o século XX, na que se sucederon moitas e variadas circunstancias que sentaron as bases do que hoxe é o noso presente. Por aquí transitan un escritor de novelas policiais, residente en Londres, que descobre unha verdade sorprendente entre os papeis do legado da súa nai; unha moza que persiste nun noivado secreto e prohibido; un emigrante galego na Arxentina que non esquece a súa orixe mentres anda en procura do éxito económico; e un historiador que, arrastrado pola violencia dos acontecementos, lembra os momentos cruciais da súa vida.
O autor residente en Pontevedra foi merecedor con este libro dos premios San Clemente ou Fervenzas Literarias, ademais doutros que ten recollido por novelas anteriores.

Deja un comentario