+034 986 09 02 04 Martes 04 de Agosto de 2020

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONFIRMA UNHA OCUPACIÓN NA PROVINCIA EN FEBREIRO SUPERIOR EN MÁIS DE 3 PUNTOS AO MESMO MES DO ANO PASADO


 

Febreiro revalida a tendencia alcista dos últimos meses. Segundo Turismo Rías Baixas a ocupación foi do 36,4% fronte ao 33% de febreiro de 2017

O ano 2018, con soamente dous meses pechados, semella que está no camiño de superar o récord turístico acadado o pasado ano. Así, a Deputación, a través de Turismo Rías Baixas confirma que os establecementos hoteleiros, pese a estar pechados o 30% nestas datas, tiveron en febreiro un 36,4% de ocupación mentres que o mesmo mes do 2017 tiña acadado o 33%. Tamén se incrementan os niveis de ocupación dos establecementos de turismo rural que, neste caso, incrementan en dous puntos a porcentaxe con respecto a febreiro do 2017.

A comarca que acadou a maior porcentaxe de ocupación en establecementos hoteleiros foi a de Caldas, cun 76% de ocupación, seguida de Vigo, cun 53%; o Deza e Tabeirós-Terra de Montes acadaron o 36%; O Salnés, un 32%; Pontevedra, O Morrazo e O Condado e A Paradanta, un 25% e O Baixo Miño un 19%.

En canto ao perfil das persoas visitantes foron maioritariamente españolas (81,25%) procedentes de Madrid, Barcelona, País Vasco, Albacete, Asturias e Guadalaxara. O 18,75% dos estranxeiros proveñen, principalmente, de Italia, Arxentina, Francia, Portugal e o Reino Unido.

A maioría das persoas visitantes teñen máis de 60 anos e alóxanse en hoteis durante 4-6 días. Acoden motivados pola cultura e as vilas que visitan en maior medida son Vigo, Pontevedra e Sanxenxo. Amais, das rexistradas no pasado mes, o 77% non tiñan visitado antes a provincia

Deja un comentario