+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

MAÑÁ ARRANCAN OS TALLERES DE ALFOMBRAS PARA APRENDER SOBRE A ARTE FLORAL


A actividade será gratuíta e desenvolverase no Centro Social do Mar todos os martes e xoves ata o 23 de marzo
A Asociación Cultural das Alfombras de Bueu organiza un obradoiro de alfombristas, destinado a aprender a todas as persoas interesadas a confeccionar tapices florais. Segundo avanzan dende a Asociación, os talleres terán lugar no Centro Social do Mar os martes e xoves de 17.00 a 19.00 horas no Centro Social do Mar, e comezan este martes, 6 de marzo.
A actividade, totalmente gratuíta, precisa de inscrición previa ou ben no Centro de Asociacionismo (CDA) ou na tenda Regalía, e poderán participar ata unha vintena de persoas.
Esta iniciativa forma parte da programación anual da Asociación, que xa está preparando a axenda de eventos para a Festa do Corpus e outras efemérides nas que as alfombras serán protagonistas.

Deja un comentario