+034 986 09 02 04 Xoves 21 de Xuño de 2018

O CONCELLO DE PONTE CALDELAS ATARÁ LAZOS COMO SÍMBOLO DA IGUALDADE DURANTE A CELEBRACIÓN DO 8 DE MARZO


O Goberno local apoia a folga de mulleres ao considerala unha medida moi acertada para evidenciar o longo camiño que queda por andar

Un acto simbólico, denominado “Atando lazos”, servirá representar a loita das mulleres pola plena igualdade cos homes. O acto, ao que están invitadas todas as mulleres de Ponte Caldelas, celebrarase na Alameda e será un dos elementos da programación do Concello polo 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Os actos institucionais deste xoves comezan ás 20.00 horas na Casa da Cultura e incluirán a lectura dun manifesto institucional e a inaguración da exposición “Mans de Muller”, da Fundación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur). Ponte Caldelas prepara tamén, unha vez rematado o acto “Atando lazos”, un brinde pola igualdade e un concerto do cantautor Manoele de Felisa. A programación rematará o día 16 de marzo cun relatorio-debate sobre “Emprendemento feminino no rural”, tamén a cargo de Fademur.
Ademais, o Concello expresa o seu apoio institucional á folga das mulleres do 8 de marzo, unha medida que considera moi acertada para evidenciar dun xeito reivindicativo o longo camiño que queda por andar ata a plena igualdade.

Deja un comentario