+034 986 09 02 04 Xoves 24 de Maio de 2018

GALA DAS MULLERES O 11 DE MARZO NO SALÓN DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS JOSE PEÑA


Haberá agasallos para as mulleres viticultoras e para a máis lonxeva  e máis cativa do concello 

Desde a alcaldía gustarianos a máxima difusión para as diversas actividades polo Día Internacional das Mulleres entre o que cabe destacar a Gala da Muller que se celebrará o día 11 de marzo as 18:00h no Salón de Congresos e Exposicións Jose Peña.

O acto ao  cal asistirá a alcaldesa Fátima Abal será presentado pola escritora e cantante Carmen Pením que acaba de publicar un dos seús últimos libros “Herdeiras”, tamén contarase coa presenza de Beatriz Piñeiro da Asociación da Igualdade de Pontevedra. Na gala premiarase a traxectoria das mulleres viticultoras pertencentes a Unións Agrarias que están xubiladas e ás mozas.

Do mesmo xeito  haberá un premio para a muller máis lonxeva de Cambados que ten 100 anos e outro premio para a última empadroada no concello. Todos estes premios estarán acompañados de unha proxección audiovisual.

E como acompañamento musical contarase coa Asociación Xironsa e Pandereteiras Maiores.

No salón Jose Peña atópase parte da II Mostra Internacional da Camelia. E como a camelia representa a igualdade da muller, no mesmo día da Gala da Muller faranse entrega de uns agasallos as premiadas coa  Camelia de Ouro e a Camelía Artística.

Fátima Abal  quere agradecer a Asociación Ibérica da Camelia a colaboración obtida coa decoración de este evento e recorda que  esta actividade é totalmente gratuita e anima a todas e a todos a participar da xornada.

Deja un comentario